Descarrega aquí.
Digamos que Lembrarás este cuarto? é un disco contra a aceleración. Conta as verdades pegado á orella e interrompe a circulación da mercadoría das emocións: o trenzado acústico co que David Miranda encarna os poemas de María do Cebreiro remite a Bryter Lyter e aos Go-Betweens e, así, con eses vimbios, opónse á velocidade como método vital e ao espectáculo como estrutura dos sentimentos. Son tamén os dez mil murmurios que ouvía Dylan en 1963 e para os que segue sen haber quen escoite. E con todo é preciso volver repetir as cousas: “Isto non é un himno / non alegra a ninguén”.
No tempo do saqueo, todo serve á hora de escapar. Tamén a produción de silencios e a necesidade de relatar un lugar fóra de calquera lugar. Segundo o profesor Eagleton, fugarse do ruído continuo é unha boa razón para se facer socialista. Lembrarás este cuarto inscribe no aire das cousas esa posibilidade. E a de corromper o brado constante da histeria do capital. E a de pensar en tirar do freo de emerxencia. Gravado nun cuarto seguramente semellante ao cuarto en que Laetitia Sadier gravou Socialisme ou barbarie, estas dez miniaturas constitúen finalmente un refuxio onde se gorecer da segunda parte desa disxuntiva. Como aquel elepé que Pete Dello, sen que apenas ninguén se decatase, rexistrou en 1971 contra a clausura dos horizontes. Titulouno Into your ears.
(Texto de Daniel Salgado)
Bangor son
David Miranda: guitarra, voz
María do Cebreiro: voz
Lembrarás este cuarto? foi gravado en decembro de 2008 nos Estudios Abrigueiro (Friol), con Jahel Piñeiro como técnico de son e Arturo Vaquero en labores de produción, que tamén colaborou incorporando percusións, baixo e sintetizadores. A mestura e masterización final foi realizada por Paco Liaño nos Estudios Treboada (A Coruña), en setembro de 2010.
Deseño gráfico: Pablo Cayuela e Xosé Carlos Hidalgo
Llicència Creative Commons
A Regueifa Netlabel

Comentaris
Publica un comentari a l'entrada