DAS KAPITAL - RUIDO NEGRO (2011)

Descarrega aquí.

"Das Kapital refuga o estado de cousas. Opón ruído negro á dominación consentida e contra o pop consensual ofrece un discurso en chamas, ferido.
Programme, Bobby Seale, Einstürzende Neubauten, Heiner Müller, Stereolab, Atari Teenage Riot, Os Resentidos, Walter Benjamin, Nine Inch Nails, Lois Pereiro,
presentes!
A situación é delicada. O son dos disturbios produce disturbios.
Das Kapital naceu en maio de 2010 nun concerto de homenaxe a Radio Océano. Cun funcionamento descentralizado, aberto pero militante, Marcos Paino encárgase dos sintetizadores, O Leo da voz, Tomas Ageitos das percusións e o son en directo, Doutor Chou e David Ageitos introducen as guitarras e Daniel Salgado o Adat e o kaoscilator.
Das Kapital edita en xullo de 2011 o seu primeiro disco, Ruído Negro, e chama a decidir se queremos facer parte do problema ou queremos facer parte da solución.
Socialismo ou barbarie.
Das Kapital son:

Daniel Salgado: Adat e Kaossilator
O Leo: Voz
Marcos Paino: Sintetizadores
Tomás Ageitos: percusións e son en directo
Doutor Chou: Guitarra
Davide Ageitos: Guitarra
Coa colaboración especial de: Manu Paino (trompeta), Alex Salgueiro (sintetizadores), Gonzalo Vilas (acordeón).
Ruido Negro foi ideado, gravado e mesturado por DasKapital no Palacio de Inverno (Santiago de Compotela) e estudios Amil (A Coruña) e masterizado por Bonjan nos estudios Bonjan (A Coruña) entre abril e maio de 2011.
Deseño gráfico: Xosé Carlos Hidalgo
Producido por DasKapital
Traduccións ao ingles: Patricia Janeiro"

Llicència Creative Commons
A Regueifa Netlabel

Comentaris